Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outes
Parroquia: Matasueiro (San Lourenzo)
Lugar: A Torre (San Lourenzo)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa foi erixida no 1703 segundo se pode ler no libro de fábrica no que se detallan as actividades despregadas, escritas polo Sacerdote D. Pedro de Teira durante o tempo que estivo ao cargo da parroquia. En 1677 a igrexa estaba arruinada co teito caído e “as paredes dos lados pouco máis altas ca un home”. Foi entón cando se levantaron as paredes e o arco da capela maior. Outras obras posteriores foron o abovedamento da nave a construción de contrafortes e a fachada. Aínda que non se poden datar pois segundo Mariño Reino non temos libros de contas posteriores ao 1775. Ten única nave rectangular coa ábsida máis máis estreita, de testeiro recto e sancristía encostada polo lado norte. Unha sinxela porta alintelada dá acceso polo oeste e outra polo presbiterio coa sancristía. Presenta dúas alturas e as paredes van revocadas e pintadas de branco por toda a súa superficie. Amosa rexos contrafortes que chegan a cornixa e escasos vans. A fachada é de cadeirado regular de granito e completamente lisa, cunha pequena ventá no centro, remata en espadana, cun oco para a campá con arco de medio punto, e dous pináculos nas esquinas superiores.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4 (pax. 18 e 19 )
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA013.pdf (pax. 3 de 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8793684258
Lonxitude: -8.92966389656
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84