Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Mondoñedo
Parroquia: Mondoñedo (Nosa Sra. do Carme)
Lugar: Alameda dos Remedios
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O primeiro quiosco da Alameda dos Remedios de Mondoñedo fora construído en madeira aló polo ano 1895.
Mais o alcalde Don Francisco Díaz Portas expuxera á corporación a necesidade de construír un novo para ser permanente na alameda, para que tocasen a Banda Municipal os dias de festa.
O importe da obra foi valorado en cinco mil pesetas, elixindo o seu emprazamento ó carón dun muro de contención que separa o campo da estrada. Nos primeiros meses de xullo comezaron as cimentacións. A base deste quiosco foi construída de mampostería e bos perpiaños de pedra formando un octógono e polos que se accede por unhas escaleiras en dúas rampas de seis chanzos cada rampa cun pasamáns de forxa pola súa parte sur. A esta base octogonal colocáronlle unha fermosa balconada con columnas feitas de ferro forxado.
Como o importe da obra era moi elevado, deixouse para máis adiante cubrilo dunha maneira máis axeitada.
Na noite do 10 de setembro de 1904, con motivo das festas da Nosa señora dos Remedios, inaugurouse o fermoso quiosco de Mondoñedo adicándollela os residentes da República Arxentina. A partires dese momento denominaríase “Quiosco Bos Aires”.
No mes de marzo de 1907 desprazáronse ata Mondoñedo uns artistas para facer o decorado do quiosco e recubrir o seu teito con chapas de zinc.
No ano 1980 sufre unha importante remodelación, feitas polos irmáns Leivas dos Muíños de Arriba. Nese momente colocáronlle o bordo do teito uns fermosos medallóns, cos nomes dos ilustres mindonienses: Castañedo Jurado, Leiras Pulpeiro, Pascual Veiga, Alvaro Cunqueiro, Lodeiro Piñeiroa, Díaz Jácome, José Pacheco e Noriega Varela.
Como remate o teito colocóuselle unha lira e no acto de reinauguración, ante a falla da Banda Municipal actuou o Orfeón de Mondoñedo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

www.blogoteca.com/doural/index.php%3Fcod%3D100209
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDONEDO/documents/2320NO105.pdf (paxs:9 e 10).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.428461990184346
Lonxitude: -7.368824779987335
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84