Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Alfoz
Parroquia: San Mamede das Oiras
Lugar: As Oiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Igrexa dunha soa nave rectangular con teito de pizarra a dúas augas e unha pequena sancristía ó carón da capela maior e apegada a unha solaina por onde ten a entrada, no lado norte. Foi construída a principios do século XX en sustitución dun templo anterior.
A fachada, moi fermosa, de estilo neogótico, divídese en tres partes. A parte central formando a base cadrada da torre-campanario, é un pouco máis adiantado sobre o plano coas partes laterais, sitúase a súa gran portada de arco oxival e moldurado. Enriba desta portada, unha gran xanela tamén de arco oxival que remata nunha cornixa onde se elevan catro machóns para facer outros tantos arcos onde situar as campás. A torre-campanario remata en forma de chapitel piramidal de oito lados coroándoo un pequeno cono liso cunha cruz de forxa..
As outras dúas partes laterais da fachada son idénticas presentando unha gran xanela de arco oxival en cada lado.
No interior destaca un retablo que era da Catedral de Mondoñedo do século XVIII.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA002.pdf (pax: 2).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.48533562620968Lonxitude: -7.4418506026268005
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Nov 2, 2015
ACTUALIZACIÖN: enlace(SIOTUGA) ao Inventario das Normas Subsidiarias Provinciais
de Planeamento que contén este ben (páxina 1991):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA002.PDF