Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Alfoz
Parroquia: San Pedro Mor
Lugar: Estrada xeral LU-160
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Coñecida como Ponte Nova, foi construída no ano 1615 por Pedro de Morlot, segundo consta na escritura de fianza entre o nomeado mestre de obras santanderino, residente en Mondoñedo, e o correxidor de Viveiro.

Esta ponte soportou firmemente o paso da estrada LU-160 ata que, nos anos 90, debido ás obras de ancheamento da estrada, desmontouse completamente e volveuse a levantar a uns metros da súa antiga posición, para formar parte dunha área de descanso.
A ponte ten tres arcos de medio punto, o da dereita vendo dende a estrada lixeiramenta apuntado, e dous tallamares que semellan estar o revés. Posiblemente cando reconstruíron fixeron a ponte ó revés, ou polo menos levantaron os tallamares en sentido contrario que baixa o río, aínda que de tódolos xeitos, a non ser por esa observación, a reconstrución está moi ben feita.

O peitoril da ponte é de pedra e o camiño que pasa por el reconstruíuse coa apariencia das súas orixes.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.53268265251223
Lonxitude: -7.415165305137634
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84