Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Rosal
Parroquia: Eiras (San Bartolomeu)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

A orixe desta igrexa débese a un cambio de situación do antigo templo románico, pois a primixenia igrexa parroquial das Eiras atopábase nas inmediación do río Miño e víase perxudicada polas enchentes invernais e os prexuízos que derivaban das mesmas, ademáis de ser obxecto de rapiña dos veciños do outro lado do Miño e de que o templo resultaba insuficiente para a crecente poboación.

Deste xeito, o párroco D. Bernardo Pacho Valverde convocou aos veciños para a creación dunha Xunta de Administración que tivese por obxectivo o seguimento das obras. Para a construción da nova igrexa contaríase coa axuda da venda dos materiais do vello templo, e coas aportacións económicas do abade, veciños e Bispado.

No ano 1786 colocouse a primeira pedra, e un ano despois comezaron as obras de construción, baixo a dirección do mestre canteiro da Guarda Juan de Lomba. Sen embargo as desavinzas entre o mestre canteiro e a Xunta de Administración fixeron que esta última contratase ao portugués José Fernándes cando xa estaba construída a maior parte da obra.

A construción realizouse en sillería de granito, cunha planimetría que responde ao modelo basilical dunha soa nave, con ábsida cuadrangular lixeiramente máis estreito e elevado. O edificio compleméntase cunha sancristía cadrada disposta tras o presbiterio.

A fachada principal organízase coma un lenzo dividido en dous corpos, enmarcado por pilastras e rematado por un coroamento superior, a xeito de peineta curvilínea de clara influencia portuguesa. A fachada vai centrada pola porta de arco rebaixado e flanqueada por pilastras toscanas que sosteñen un entaboamento de friso convexo que presenta un óvalo coa data de 1789. Remata esta composición un frontón de volutas afrontadas que sosteñen unha vieira.

Unha liña de imposta marca o tránsito cara o segundo nivel do frontispicio que aparece centrado por unha xanela, de deseño mixtilíneo, e de clara influencia do barroco portugués. Este van remátase con unha cornixa con outra cuncha de vieira. Pero posiblemente o elemento máis orixinal sexa o remate superior, conformado por diferentes niveis curvos de cornixa que se enlazan creando un ritmo curvilíneo ascendente.

Completa esta fachada a torre campanario sobre a que existen discusións en canto autoría e data, pero posiblemente fora levantada no ano 1806 polo mestre portugués José Manuel Pallón. É unha torre cuadrangular conformada por dous corpos. O primeiro, totalmente compacto, presenta pilastras angulares de enmarcamento. Despois, unha balconada de balaustres piramidais dá paso ao corpo do campanario, con arcos de medio punto volteados sobre pilastras. Finalmente, a torre remátase mediante unha cornixa curva con balaustrada sobre a que se eleva o chapitel.

En canto aos muros laterais, estes realizáronse en cachotaría e articulados mediante pilastras. No interior, ábrense fornelas no muro para os altares e a nave péchase baixo unha bóveda de canón enfoscada cos arcos faixóns remarcados. Un arco triunfal dá acceso ao presbiterio de planta cuadrangular e cuberta con bóveda de crucería simple.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Catalogado nas Normas subsidiarias de Planeamento:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OROSAL/documents/0916CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.928303850679264
Lonxitude: -8.78157913684845
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84