Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: O Rosal
Parroquia: Eiras (San Bartolomeu)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

A finais do século XVIII, levouse a cabo o traslado e nova construción da igrexa parroquial de S. Bartolomeu de Eiras cara unha zona elevada, lonxe do río Miño. Así pois, as novas necesidades fixeron que o abade precisase dunha vivenda consecuente co seu rango. Deste xeito, nas inmediacións da igrexa comezouse a construír a casa reitoral en 1815, e no ano 1818, D. Francisco García Blanco, comunicaba nun escrito que a obra estaba totalmente rematada.

A reitoral consta de dous corpos rectangulares cubertos a dúas augas e construídos en perpiaño de granito e cachotaría. O principal, adicado a vivenda e ás funcións asignadas ao cargo do párroco consta de planta baixa máis dous pisos. A pesares de que presenta unha arquitectura rexa e sinxela, mostra elementos que a dotan de elegancia e aseméllana á arquitectura pacega. Salienta a balconada sobre ménsulas da parte traseira así como as escadas exteriores da fachada principal.

Anexo ao corpo principal aparece outro tamén de planta rectangular pero de menor altura que en orixe posiblemente estaría adicado ás dependencias relativas ao campo. A vivenda posúe tamén adega e hórreo e a entrada ao recinto faise mediante un portalón alintelado rematado por un pincho.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.928303850679264
Lonxitude: -8.782464265823364
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84