Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Angoares (San Pedro)
Lugar: Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A plataforma deste cruceiro está formada por dúas gradas de forma cadrada, a base de laxas de pedra que lle serve de alicerce a base, primeiramente cadrada e logo rebaixada para rematar en circular. Non garda proporción nas súas formas. Nela descansa o fuste que nun primeiro tramo curto é cadrado e cun motivo de sogueado para pasar logo a ser poligonal. Procede doutro cruceiro máis vello datado en 1632. Coróase o varal cun capitel clásico con volutas e follas de acanto e cun remate de ábaco curvilíneo. A cruz semella o tronco dunha árbore, nodosa e moi esvelta rematando en detalles de flor con botón. Leva unicamente figura no anverso, onde amosa un Cristo de boa talla baixo a cartela de INRI, con expresión doce no rostro, anatomía moi marcada, tres cravos e pano de pureza.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://drive.google.com/folderview?id=0B8ACfkgfAFaDLV9hTWdEWng5REk&usp=sharing&tid=0B8ACfkgfAFaDV2twRzVlMno0aG8 (Páxina 10)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA001.pdf (Páxina 1)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3604204.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008
GONZÁLEZ PÉREZ, cALUDIO. (1975). SAN PEDRO DE ANGOARES. Módulo para la memoria de una parroquia. Ed: MUSEO DE PONTEVEDRA
LEIRÓS BARGIELA, Mónica e PORTO SEBASTIÁN, Purificación. (2015). CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS RESTAURADOS DO CONCELLO DE PONTEAREAS. Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros. Ed: ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1665173389Lonxitude: -8.50285068154
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84