Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Angoares (San Pedro)
Lugar: A Abelleira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Presenta unha plataforma cadrada con base de pedra sobre a que se sitúa a fornela cun arco de medio punto. As súas dimensións son de 64 cm por 12 cm. Na parte superior destacan a figura de Cristo na cruz flanqueada por outras dúas imaxes (San Antonio e San Miguel). Outros elementos decorativos utilizados son dúas espirais enmarcando unha pomba (Espíritu Santo). Todo o conxunto está realizado en xeso policromado. Dous anxos, nun plano superior, situados nos extremos, intentan liberar as ánimas das lapas do purgatorio, mentres que no centro aparece a Virxe do Carme entre nubes, un sol e a lúa a ambos lados. O fornelo vai pechado con enreixado pintado en branco.
Todo o conxunto, que presenta unha desafortunada cuberta de latón, destaca pola súa talla primitiva e inxenua.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://drive.google.com/folderview?id=0B8ACfkgfAFaDLV9hTWdEWng5REk&usp=sharing&tid=0B8ACfkgfAFaDV2twRzVlMno0aG8 (Páxína 1)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA002.pdf (Páxina 3)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA001.pdf (Páxina 1)

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1641469854
Lonxitude: -8.50655212998
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84