Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Mourisco (San Salvador
Lugar: San Cristovo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro que orixinalmente foi levantado no século XVIII, aproximadamente. Érguese sobre unha dobre grada parcialmente oculta polo cemento. A parte visible do cruceiro parte dunha peza granítica natural á que se superpón un cubo granítico de arestas biseladas.
O fuste circular con inicio cadrado, chántase sobre o cubo para elevarse un total de 2,5 m. de altura. No alto unha cruz latina figurada sobre un capitel cúbico que dá paso a dúas imaxes sacras de labra recente: o Cristo crucificado no anverso e a Virxe erguida no reverso. Ambas as dúas labras son de estilo popular: figuras dondas, con algunha desproporción evidente, carácter estático, frontalista e con escasa expresividade.
O anterior cruceiro foi tirado accidentalmente, o que levou a aos veciños a encargar a labra dun novo exemplar, que é o que se ve hoxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca110.pdf (P.6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.288447124665204
Lonxitude: -7.69593894481658
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84