Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambia (Santo Estevo)
Lugar: Vilameá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Conxunto formado por uns 11 canastros de madeira ou de tipoloxía mixta (pedra e madeira). Entre eles hai varios de dous claros de capacidade e outros dun claro, e só un de tres.

Este conxunto de canastros atópase na zona alta da aldea, ao carón da antiga escola en caída cara o norte, xusto por riba da estrada de Allariz ao Alto do Couso que cruza a localidade.

O canastro mais abundante nestas terras é, seguindo a clasificación de Ignacio Martinez, o das terras orientais, de tipoloxía mixta (pedra e madeira), e única (madeira), con ou sen celeiro, segundo o caso.

O canastro tradicional desta comarca, sen dúbida o maior expoñente etnográfico e artístico destas terras, érguese maiormente sobre unha soleira empedrada ou aterrada nos mais dos casos. Sobre esta superficie sitúanse os pés, uns elementos compostos por unha breve columna de sección cuadrangular con arestas biseladas, rematada nun tornarratos con forma rectangular de pedra e con cabezas redondeadas, se son enteirizas, ou totalmente redondas, se son independentes os de cada pé, e que ten por obxecto imposibilitar o acceso dos roedores á cámara.

O número de pés varia en función do longo da cámara, sendo a media ducia o exemplo máis habitual.

A cámara é o elemento principal deste tipo de edificación. De planta rectangular, pode estar estruturada en un, dous, tres, catro, cinco e ata seis claros, que son como se denominan aos treitos de parede de madeira ou cantería, separados entre si por trabes pétreas verticais, que dividen o lateral dos canastros.

Os costais, onde nas mais das ocasións se sitúan os accesos a este peculiar almacén, péchanse cunha serie de táboas en sentido vertical, reforzadas horizontalmente con faixas, que deixan físgoas de entre 1 e 2 cm de apertura para permitir o paso ao vento que ha de secar o gran.

Pola súa parte o frontal ou penal, pode estar configurado indistintamente polo mesmo modelo anterior, ou ben cun simple muro de perpiaño, no que tamén é posible ubicar un vano no que instalar a porta de entrada.

En ocasións a construción remátase con unha armazón de madeira que soporta un tellado a dúas augas, case sempre de tella curva, ornamentado con unha cruz e un pináculo ou bico na cumieira, a xeito de símbolos de carácter profiláctico ou laudatorio.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fotos de Pepe Oliva:
http://www.panoramio.com/photo/15855933
http://www.panoramio.com/photo/15821457


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2122193369809
Lonxitude: -7.70898520946502
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84