Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Roo (San Xoán)
Lugar: Outón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A plataforma de tres chanzos do cruceiro levántase sobre un montículo de terra nun cruce de estradas que van a Roo, Cambeiro e Outón. O pedestal ten 72 cm. de alto e fórmano catro corpos superpostos, o último é un tronco de pirámide de lados curvos e 60 cm. de lado na base. Na esquerda leva a inscrición .” A ÐVOCIÓN DE MATIAS SANPAIO Y MANDADO HACER POR PEDRO FIGUEIRA. AÑO DE 1818”. Debaixo da inscrición hai uns buratos que deberon ser dunha placa de mármore, que hoxe está desaparecida. O varal é de sección octogonal agás no comezo e no remate, e ten unha altura de 2,7 m. O capitel ten moldura dobre e está decorado con follas de acanto, curvas e volutas. A cruz está desaparecida na actualidade e segundo Mariño Reino tiña as seguintes características : “ A cruz de base cadrada, mede uns 90 cms. De alto, a 10 cm. do arranque faise cilíndrico; leva por diante un Cristo, de boa factura, pero canon moi curto, riba del unha cartela vertical sen letras apreciables. No reverso leva unha Virxe Dolorosa que conserva, ó igual có capitel, abundantes restos de pintura, apóiase sobre peaña que descansa sobre unha ménsula do remate en rolo.”


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax 158)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA024.pdf
pax. 5


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Ao cruceiro fáltalle a cruz.


Onde está localizado

Latitude: 42.8339331558
Lonxitude: -8.93724918365
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84