Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baiona
Parroquia: Baredo (Santa María)
Lugar: Cancelo, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Construída no 1812, probablemente no mesmo lugar que estivo unha capela, xa que se atopan datos da súa existencia dende 1140.
O templo actual ten unha soa nave de planta rectangular, coa bóveda de madeira sobre arcos de pedra. Na ábsida mostra unha bóveda de cruzaría. A sancristía tamén ten a bóveda de pedra. A fachada principal limítase por dúas pilastras extremas con bases e capiteis figurados, e rematan en pináculos pétreos. A porta é alintelada e con moldura. Enriba dela presenta unha ventá semicircular tamén moldurada, e no mesmo eixo ábrese un óculo para dar luz ao acceso do campanario. A torre, no centro da fachada, é de base cadrada cun oco de arco semicircular en cada cara e remata en pináculos máis pequenos. Cúbrese de tambor e cúpula que sustenta a cruz de remate metálica.
No interior, o retablo barroco está presidido pola Virxe da Cela, que segundo a tradición foi atopada no mar no século XVI.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BAIONA/documents/0712CA001.pdf
http://www.baiona.org/web/turismo/cultura/arquitectura-e-monumentos/arte-relixioso/iglexa-de-baredo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.10618864163891
Lonxitude: -8.87318730354309
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84