Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre, Escudo / Epígrafe,
Concello: Esgos / Paderne de Allariz
Parroquia: San Xes (San Xes) - Vilar de Ordelles (Santa María)
Lugar: O Xastre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Preto do gran penedo da Xastra atopamos este marco divisorio entre os concellos de Esgos e Paderne de Allariz. Trátase dun penedo duns 3m de longo por 2m de ancho e unha altura próxima a os 4m. Na súa parte mais alta ten unha gran cazoleta natural.
Ten un rebaixe horizontal a unha altura de 2,5 desde o chan, no que aparece a marca divisoria dos concellos. Aparentemente tiña unha cruz que foi modificada converténdoa en E de Esgos. Está formada por uns sulcos bastante profundos, véndose claramente que os que formaban a cruz están máis profundos que os retoques posteriores para facer o E.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.30476513066029
Lonxitude: -7.7250167727470
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84