Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Foz
Parroquia: San Martiño de Mondoñedo
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado e recadrado. O varal comeza cadrado e recadrado no primeiro terzo e pasa a ser octogonal no resto ata chegar ao capitel cuadrangular con astrágalo octogonal e ábaco de lados curvos cos vértices achafranados. Ten anxos co testamento na mans e entre eles follas vexetais nas esquinas. A súa cruz é cuadrangular con mediacana e remates florenzados con botón central. Debaixo de cada brazo da cruz ten un anxo, o da dereita aguanta cun brazo da cruz e coa outra man sostén un cáliz para recoller o sangue que cae das feridas da cabeza do Cristo. O anxo da esquerda sostén outro cáliz para recoller o sangue que lle cae da man esquerda.

No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé esquerdo sobre o dereito. Inclina a cabeza e corpo cara adiante cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo anverso da cruz fica a Piedade co Cristo morto no seus brazos sobre un pedestal. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5609789681
Lonxitude: -7.30308920145
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84