Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Nigrán
Parroquia: Camos (Santa Baia)
Lugar: O Chouso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Torre de Méndez foi un magnífico pazo, do que hoxe só quedan unhas ruínas. Os muros que se poden contemplar na actualidade formaban parte da fachada principal do pazo e das súas dependencias interiores. Da capela consérvanse as fornelas e un amplo arco de medio punto, sobre o que se pode ler: “Esta capilla es de Antonio Méndez Ozores de Sotomayor”.

Ademais destas ruínas, nos xardíns do Museo de Castrelos de Vigo consérvanse un dos escudos de armas que decoraban a fachada principal deste pazo, onde están presentes as armas dos Falcóns, Soutomaior, Pereira de Castro, Ozores e o brazo armado dos Lira.

As orixes deste pazo parecen estar en relación coa parella formada por Arturo Vázquez de Soutomaior, descendente da familia Méndez de Soutomaior, e Ana Falcón Romai Soutomaior, que fixeron testamento cara a 1585. Parece ser que o morgado fundouno Gaspar Vázquez de Soutomaior, nado en Vigo en 1566, e que emparentaría coa familia do Pazo da Touza casando con Ana Ozores de Castro, irmá do señor da Touza, Gregorio Ozores de Castro.

A Torre de Méndez foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) por Decreto do 22 de abril de 1949.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Os incendios de outubro de 2017 queimaron todo o conxunto.


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NIGRAN/documents/0844CA001.pdf (Páxina 2 – Número 44)
http://cultura.xunta.es/imxd/programa/doc/1350635148121004BICGALICIA.pdf
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=9441&ctre=36

http://historiadegalicia.gal/2017/10/asi-quedaron-dos-bens-patrimonio-galego-arderon-domingo/
http://historiadegalicia.gal/2017/12/extenso-informe-patrimonio-de-galicia-queimado-outubro-petroglifos-castros-castelos-outros-bens/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1415897348
Lonxitude: -8.76800715923
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84