Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Foz
Parroquia: Santiago de Mondoñedo
Lugar: A Fonte da Zapata
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A fonte está encostada entre o muro de contención do espazo que cingue a igrexa románica de Santiago de Mondoñedo e a pendente axardinada que baixa. Accédese a ela por unhas escaleiras dende a entrada ao adro da igrexa. Consta dunha fronte de cadeirado de granito cun cano que deita sobre unha pía de pedra rectangular cun enreixado sinxelo. Enriba do cano hai unha pequena portela cadrada de madeira e enriba desta un gran perpiaño de granito que case vai de lado a lado na que ten unha inscrición que dí: “FUENTE DE LA ZAPATA QUE BROTÓ SEGÚN LA TRADICIÓN POR MILAGRO DE GONZALO EL OBISPO SANTO”. Na parte superior remata cunha cornixa curvada e moldurada a modo de tornachuvias formando case un triángulo curvado co vértice achafranado.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Ó carón da basílica románica de San Martiño de Mondoñedo  está a fonte da Zapata, segundo a lenda neste lugar, o  obispo San Gonzalo nun tempo que houbo moita seca,  tirou unha zapata e comenzou a manar auga, auga que se considera que ten propiedades milagreiras.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.56093815169331
Lonxitude: -7.30291485786438
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84