Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Sabardes (San Xoán)
Lugar: Freixo. O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Está situado no porto do Freixo, antes estaba no medio do camiño e desprazouse cando se ampliou a rúa. Pertence a tipoloxía de cruceiro de capela, e vai sobre unha plataforma cadrada que está case a ras do chan. O pedestal tamén é cadrado e o varal é de sección octogonal, agás no comezo e no remate. O capitel fórmao unha táboa cadrada de 47 cm. de lado e unha fornela de 71 cm. de alto, 60 de ancho e 56 cm. de fondo. Está cuberta con bóveda de canón e no interior leva unha Inmaculada tallada nunha pedra de cor máis clara que o resto. A cruz vai sobre unha base cadrada e ten os brazos achafranados nas arestas, e potenzados nos remates.
A cruz e a bóveda foron feitas de novo hai 35 anos, despois de que un camión o derrubara e rompera. Tamén se esnaquizara a cabeza da Santa. O estado de conservación é bo, pero está lixeiramente inclinado.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax 164)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA026.pdf (pax 2 de 7 )


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7969200563
Lonxitude: -8.94646525383
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84