Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Fornelos (San Xoán)
Lugar: As Fraguiñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Presenta un exuberante estilo barroco que destaca pola proporción e elegancia das súas liñas arquitectónicas. Como corresponde á súa época, esta igrexa posúe unha sobrecarga decorativa propia deste estilo, destacando os pináculos que invaden tódos os ángulos do edificio. Edificada en 1715, ten planta en cruz latina e catro capelas laterais. A cuberta é abovedada e dispón dunha luminosa cúpula no centro do cruceiro.
Na súa fachada, claramente vertical, destacan varios elementos decorativos tales como o fornelo onde se garda a imaxe do patrón, o campanario e os remates laterais a modo de terreiras cilíndricas.

A cúpula de media laranxa apoiada sobre pendentes levantada no cruceiro, constitúe o elemento arquitectónico principal do interior do templo. En canto á decoración destaca a riqueza da imaxinería e os magníficos retablos barrocos, obra do escultor Domingo de Fornelos. O retablo que preside o altar maior está adicado ao seu patrono San Xoán, mentras que o resto honran a Santiago e San Miguel, presididos ambos polo escudo dos Tábora.

Ten cinco retablos de alto valor artístico, recentemente restaurados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Ten cinco retablos de alto valor artístico, recentemente restaurados.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA007.pdf (Páxina 1)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=5556&ctre=31
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/f/fornelos.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.135249032146
Lonxitude: -8.4956207871437
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84