Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Fornelos (San Xoán)
Lugar: O Casco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Presenta un gran pedestal cuadragular sobre o que descansa a base, de forma cúbica e coroado cunha moldura circular, e que amosa catro caveiras situadas en cada vértice, entre as cales se distinguen outros motivos ornamentais, aínda que moi erosionados. O fuste presenta acanaladuras verticais sobre o que se erixe o capitel adobiado con catro cabezas de anxiños. O cruceiro remata coa imaxe de Cristo crucificado a un lado e a Virxe María con Cristo no seu regazo ao outro, orientada esta última cara á Capela de Santa Rosa (http://patrimoniogalego.net/index.php/41971/2013/05/capela-de-santa-rosa/).


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do mes de marzo de 2023 recolle a nova da restauración deste cruceiro (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA007.pdf (Páxina 2)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360500601.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Salvaterra de Miño. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).

RESTAURACIÓN MARZO 2023
https://galego.farodevigo.es/comarcas/2023/03/19/salvaterra-restaura-cruceiro-do-casco-84862233.html

Salvaterra inicia as obras do cruceiro do Casco, en Fornelos

O concello de Salvaterra de Miño inicia as obras de limpeza e conservación do Cruceiro do Casco, na parroquia de Fornelos


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.132721955276
Lonxitude: -8.4955644607544
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84