Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Fornelos (San Xoán)
Lugar: Casco, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Esta capela, de planta rectangular con tellado a dúas augas, presenta unha fachada principal lisa, sen motivo decorativo ou imaxe votiva algunha. Unha porta alintelada dá acceso á capela. No lado esquerdo da fachada pódese ler nunha placa de pedra unha inscrición a nome da Asociación de Veciños Cultural San Xoán de Fornelos destacando a D. Rogelio Estévez Cambra como filántropo e defensor de Galicia. Sobre o pincho érguese unha cruz de pedra sobre base cadrada coroando o edificio.
É propiedade privada da Familia Cambra, aínda que se celebra nela algunha misa.

Próximo á capela podemos ver o cruceiro do Casco (http://patrimoniogalego.net/index.php/41964/2013/05/cruceiro-do-casco/).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA007.pdf (Páxina 3)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.132518038338
Lonxitude: -8.4952801465988
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84