Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Parque de Eirís
Outra denominación do ben: Pazo dos Reboredo; Forte de Valparaíso
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Hai quen di que foi unha antiga fortaleza abaluartada construída posiblemente no ano 1636 e que se rematou ou deixouse de construír no ano 1655. Esta sería a fortaleza menos coñecida de todos os recintos militares da Coruña. Tamén se dí que cando se deixou de construír levaron as súas pedras para Porta Real mais o certo é que a mediados do século XX aínda estaba en pé gran parte deste forte ou casaforte amosando dúas pedras armeiras pola súa parte Noroeste por onde semella que tiña entrada a torre por unha porta de arco de medio punto.

Tamén se dí que esta construción serviría como apoio ó castelo de San Diego e a Batería de Oza, reforzando as defensas dun flanco polo que os piratas ingleses de Francis Drake asediaron a cidade, mais tamén xa estaba en parte construído o castelo de Santa Cruz, que era como un conxunto de diversas baterías construídas de forma dispersa, o cal xa non deixaba o descuberto ese flanco.

Esta casaforte chamada dos Reboredo e coñecida agora como o Castelo de Eirís, era un cadrado dunhas seis estancias que media sobre 21 metros de lado, sendo a torre de forma rectangular cunhas medidas de 8 X 10 metros. Todo o recinto cos anexos incluídos chegan a ter unha superficie de 1265 metros cadrados aproximadamente polo que podemos observar hoxe en día.

O Goberno municipal realizou na primavera de 2013 unha primeira fase das tres que consiste o proxecto de rehabilitación do Castelo de Eirís, a limpeza e retirada da vexetación existente no entorno e na parte alta dos muros para así evitar o derrumbe da parte dos muros que aínda quedan en pé.

A segunda fase do proxecto continuará no verán, e consistirá na escavación dos derrubamentos do edificio, a consolidación dos muros e a prospección mediante xeo-radar para localizar muros de fases construtivas anteriores. A terceira fase incluirá o rexistro arqueolóxico dos chans e outras estructuras do edificio, sondearase no entorno inmediato para documentar a posible existencia de fases constructivas anteriores, a consolidación de estruturas e a sinalización e colocación de paneis informativos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15030012
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3459449736
Lonxitude: -8.39368611574
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84