Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Pesqueiras (Santa Mariña)
Lugar: Chan da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Este cruceiro de ánimas, obra do ano 1793, érguese sobre dous chanzos cadrados que soportan unha base cúbica coas arestas rematadas. O varal, case cilíndrico, contén na súa parte dianteira inferior o retablo das ánimas, e por debaixo deste unha lenda enmarcada nunha cartela rectangular acordoada no seu perímetro. Complétase este varal na súa parte superior cos símbolos da paixón de Cristo e coa imaxe de Santo Antonio de Padua no seu reverso. O capitel que coroa esta columna é cilíndrico e presenta tres cabeciñas de anxo e unha caveira aos pés do crucificado, separados por espirais. Na cruz dispóñense a figura de Cristo baixo o INRI na súa parte dianteira, mentres na súa parte traseira aparece a Virxe das Dores co fillo morto no seu colo.

No lado esquerdo da base podemos ver a seguinte inscrición:
“A LA DEVOCIO
N DE JOSE AN
Tº GARCIA.
AÑO DE 1793”

Posúe outra inscrición na parte baixa do varal, case ilexible:
“COMO TE BES ME BI COMO”

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360501201.html
http://www.xoanarcodavella.com/2020/02/cruceiro-de-animas-de-taboas-chan-da.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Salvaterra de Miño. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O cruceiro atópase envolto por un muro de tixolo.


Onde está localizado

Latitude: 42.1162121721
Lonxitude: -8.4945948422
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84