Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Pesqueiras (Santa Mariña)
Lugar: Outeiriño, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A Ermida da Nosa Señora da Asunción sitúase no cume do Monte Castelo, sobre o soar dun antigo castro romanizado. A súa orixinalidade radica na súa ubicación, baixo unha enorme rocha granítica. O acceso ao seu interior faise a través dun pórtico realizado en pedra con arco de medio punto apuntado culminado por unha pequena estrutura a xeito de torre espadana. No seu interior, nas proximidades do altar, pódense admirar diversos signos de forma serpentiforme, así como gravados que asemellan ferraduras.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Ata finais do século XX nesta ermida se celebraba o rito do crebado, que consiste na curación dun niño (sobre todo crebados) facéndoo pasar por un carballo que foi aberto previamente mediante cuñas. Mentres o niño pasa tres veces pola abertura se pronuncian frases alusivas á curación, logo se lle cambia de roupa deixando a que levaba posta atada ao carballo, co fin de que a abertura quede pechada e a árbore no se seque. Que a árbore viva é sinal de que o neno curará.
Outro rito relacionado con este lugar é o de “virar a pedra”, que consistía en voltear unha pedra alongada para pedir chuvia ou para pedir que deixara de chover. Este rito non se fai dende os anos da Guerra Civil.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA001.pdf (Páxina 3)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1041489203Lonxitude: -8.49024832249
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84