Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Marín
Parroquia: Marin de Arriba (San Xulián)
Lugar: Campo Chapado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

O complexo rupestre da Carrasca é un conxunto inventariado de seis rochas con petroglifos, nos Montes de San Xulián, situados arredor dunha canteira coñecida como A Carrasca.

O Primeiro destes conxuntos sitúase nunha gran laxe moi perto da entrada da canteira, e contén unhas vinte combinacións de círculos concéntricos, círculos simples, espirais e unha grande cantidade de cazoletas, todas unidas por trazos.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36026013
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PEÑA SANTOS, Antonio, e GARCÍA ALÉN, Alfredo. Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. Fundación Barrié de la Maza, 1980 (este conmplexo rupestre foi publicado co nome de Champás, de maneira errada, pois os petroglifos de Champás son outros, tamén próximos)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O petroglifo foi gravemente alterado polo cicel de Pepiño Meixón, o derradeiro petroglifeiro de Marín, quen esculpiu un motivo heráldico de grandes dimensións e algunhas outras palabras con sulcos moi profundos por riba dos gravados antigos.
Ademais, está moi próximo a unha canteira, e cuberto por unha mesta vexetación de toxo e eucalipto, co que o risco de incendio é evidente.


Onde está localizado

Latitude: 42.373605309538036
Lonxitude: -8.676023483276367
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84