Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Pobra do Brollón
Parroquia: Barxa de Lor
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Situado sobre un pequeno outeiro que asoma ao canón do río Lor. Confórmase a partires dun recinto central de forma circular, elevado sobre un cavorco natural reforzado ao sudoeste e oeste por un profundo foxo cuberto de vexetación. Consérvase un sector da muralla de lousa e cuarcita que pechaba a croa no seu lado leste. O resto do xacemento está defendido polo cavorco. As roturacións do terreo rebaixaron as súas defensas, e moi próximo ao castro localízase a aldea.

O castro está moi próximo á mina romana do Medo, así como a un treito de calzada que neste punto se bifurcaría en dous ramais que irían á Pobra e Monforte. Estariamos, pois, diante dun castro mineiro galaico-romano.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Xunta de Galicia: “Guía de recursos arqueolóxicos de Terra de Lemos” (1997)

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.50293674088854
Lonxitude: -7.350529432296753
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84