Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Corzáns (San Miguel)
Lugar: A Fraga-Petán.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dunha curiosa modalidade de peto de ánimas a xeito de retábulo pétreo. De feito, é posible que as pezas fosen reaproveitadas dun retábulo.

Así pois, esta singular construcción amósase coma un paramento de dez pezas ou sillares. Composto de tres rexistros horizontais, sete dos dez sillares aparecen historiados. Neles aparecen en relevo diferentes representacións relixiosas sen aparente conexión temática entre elas, ademáis de abundantes restos de policromía.

Se facemos unha lectura de esquerda a dereite e de arriba a baixo podemos atopar as seguintes representacións: figura masculina portando unha espada, pomba do Espírito Santo, virxe co neno, pedra baleira, a Verónica, pedra sen identificar, a Piedade, pedra baleira e as ánimas no purgatorio.

A composición remátase cun pequeno altar na súa parte inferior. Ademáis, recentemente foi dotado de muros e cuberta para a súa protección.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.11223976050965
Lonxitude: -8.470984697341919
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84