Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Pazo / Casa Grande,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Corzáns (San Miguel)
Lugar: Petán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Segundo mostra o portalón de entrada, a construcción deste pazo realizouse en torno ao ano 1759. Sen embargo é probable que a torre sexa dunha cronoloxía anterior.

A finca na que se sitúa o pazo aparece presidida por un portalón organizado como un lenzo horizontal, centrado pola porta alintelada. Sobre o lintel aparece a data de 1759. Esta portada remata mediante unha cornixa recta, coroada por pináculos de bola, elevándose no centro unha sobresaínte peineta rectangular, rematada a súa vez con pináculos e cruz. Este elemento aparece flanqueado por volutas e céntrao un escudo rodeado por lambrequíns, que mostra as armas dos Sarmiento, Soutomaior, Ozores e Mariño. Finalmente, o escudo aparece timbrado cunha coroa condal.

A construcción aparece formada por dous corpos unidos en escuadra, elevándose sobre o extremo dun dos corpos unha torre de planta cuadrangular.

A fachada principal aparece orientada cara o norte e nela ábrense diversos vans. Este paramento destaca pola súa sinxeleza e sobriedade. No extremo dereito deste lenzo levántase a xa mencionada torre, de aspecto compacto. No seu lado norte presenta unha porta con trabatel á que se accede mediante unhas escadas que parten do patio. A torre remátase cunha cornixa que recorre todo o seu perímetro, e na que se dipoñen desaugues en canón. Asimesmo, os ángulos aparecen coroados con pináculos.

Con respecto ao resto de fachadas, na actualidade aparecen alteradas debido a sucesivas adicións. Do mesmo xeito, a recente restauración tamén mudou a fisionomía orixinal do entorno do torreón.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PEREIRA MOLARES, A. Mª. “Arquitecturas y arquitectos en la Diócesis de Tui. Siglos XVII y XVIII”. Fundación Pedro Barrié de La Maza, 2006. (pp. 434-35)

Catalogado nas normas de planeamento de Salvaterra: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA005.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.11092253225647
Lonxitude: -8.470416069030762
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84