Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos (Santiago e Santa María);
Lugar: A Ponte Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Fonte de boa pedra de granito cun pilo bastante elevado, a uns 70 centímetros do chan, composta de tres pezas duns 50 cm. por 50 cm. cada unha, do que arranca un corpo rectangular do mesmo ancho e pouco máis de metro e medio de alto, rematando en arco. No centro, máis ou menos á altura da base do arco, ten un cano curvo que bota auga en continuo. O conxunto chama a atención pola súa feitura e onde está situada a carón da ponte vella de Betanzos.
Esta fonte foi proposta polo concello no ano 1895 aprobada por unanimidade, acordando que a Comisión de obras elixise o punto de emprazamento da fonte que sería á entrada da Ponte Vella. Esta fonte sería construída polo mestre canteiro Serafín Fontenla Núñez.
O de 10 de marzo de 1896, no xornal coruñés El Diario de Galicia informaba o correspondente betanceiro Br. Hungarelo: “Está ya casi construída la base de la fuente que se instalará en la Carrera de la Monjas”. Este nome débese a que a fonte atópase ó comezo desa Carreira ou rúa das Monxas, moi perto ó Convento das Agostiñas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– TORRES REGUEIRO, X.; GARCIA GONZALEZ, A.: “As fontes no concello de Betanzos”. A.C. Eira Vella, Betanzos, 2011.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.28107754247127
Lonxitude: -8.209337890148162
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84