
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: O Saviñao
Parroquia: Abuíme (San Xoán)
Lugar: Abuíme
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Sobre un outeiro situado nun planalto. Recinto oval defendido por unha muralla terreira de catro a seis metros de altura. No extremo noroeste do recinto apréciase unha elevación do terreo coroada polos posibles restos dun parapeito. Cara o leste vese un acceso ao castro configurado por unha rampa de terra. Non se aprecian restos doutras estruturas. O interior está moi roturado e toda a periferia do xacemento está adicada a prado o que afectou ás estruturas hoxe en día existentes. Apareceron muíños de man, moedas romanas, cerámica e un martelo mineiro de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio15AAE_19_es.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.559459594473324Lonxitude: -7.656440734863281
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 29, 2013
Conta a lenda que no castro de Abuíme unha nena andaba co gando polo monte e chamouna unha moura. Pediulle que a peitease e que lle catase os piollos, pero advertiulle:
-¡Ten man e volve a testa ó tusir, que se me cuspes, vólvome cristiá!
Máis información no seguinte enlace: http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=84&n=castro_de_abu%EDme
Oscar Franco says:
Set 15, 2013
No antecastro chama a atención unha pía labrada nunha rocha -coñecida por Pía dos Mouros- que mide como un metro de longo por 35 centímetros de ancho. Nun dos seus laterais posúe dous orificios de sete centímetros de diámetro e un terceiro de menos sección na parte frontal.
Segundo a tradición local, os míticos mouros que vivían no castro a utilizaban para dar de beber aos caballos e os orificios serían as marcas das ferraduras.