Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Lira (San Simón)
Lugar: Carrasqueiras, As
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O Pazo de Lira, de pasado castrense, presenta planta en “L”. Ten unha torre no ángulo, con planta cadrada e cuberta a catro vertentes. Unha edificación anexa, por un lateral, completa o conxunto cun formato en “U”. A torre, con gárgolas e rematada con ameas, está brasonada con dous escudos de armas; o escudo esquerdo da torre mostra as armas dos Lira, mentras que no da dereita dispónense as dos Pereira, Troncoso de Lira e Soutomaior, Castro e Correa, e debe recoñecerse como a parte máis antiga do pazo a partir da cal naceu a vivenda anexa. O modesto portalón da entrada presenta un escudete de pedra moi erosionado, no que se aprecian os escaques dos Sotomayor.
Dada a súa antigüedades, o edificio actual é consecuencia das sucesivas transformacións e reformas acometidas en distintas épocas polos seus propietarios con obxecto de ir adaptándoo ás necesidades de cada momento.

García de Lira (fillo de García Bermúdez, froito a súa vez das relacións que o conde Bermudo Pérez de Traba mantivo con Godina del Mato), é o primeiro personaxe do apelido Lira do cal se teñen novas.
Durante xeracións non se apartaría este apelido da importante casa solar de Lira, unha das máis nomeadas e con ramificacións por toda Galicia, e cegando incluso a Chile, onde se instalou unha rama desgaxada do toro principal, probablemente buscando mellor fortuna tralos reveses sufridos pola familia como consecuencia das desavenenzas existentes con Portugal no século XVII.
A historia da casa correu paralela á polémica suscitada a partires dos dous fillos maiores de Diego López de Lira, chamados Juan Francisco e Rodrigo Troncoso de Lira, os cales se facían chamar “señores de Lira”, como o farían os seus sucesores, o que indica que a titularidade da casa se atopaba dividida en dúas porcións.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA001.pdf (Páxina 2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.152384175441135
Lonxitude: -8.470233678817749
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84