Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Rúa de Santa María
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa de Santa María do Azogue posúe unha planta basilical, de tres naves con catro tramos e sen abovedar. A nave central, presenta dobre anchura que as laterais, desembocando todas elas nunha triple ábsida, a cal forma un corpo volumétrico máis destacado que o do resto das naves. A capela maior ten unha traza poligonal -heptagonal-, reproducindo o mesmo modelo de cabeceira que presentan os templos franciscanos e dominicos do momento, mentres que as outras dúas capelas absidiais teñen planta cadrada. Estas tres dependencias son as únicas que se cobren con bóveda de crucería. O coro, que recibe iluminación natural a través do rosetón situado na fachada que mira cara ó oeste, levantouse ós pés do templo, aproveitando os piares do claustro de San Francisco.
Da ornamentación interior destaca o retablo situado na capela maior, que ten o seu lugar central ocupado pola imaxe de Santa María. No século XV instalouse nese lugar un retablo hispano-flamengo, que foi substituído na súa armazón por outro novo en 1748, no cal se colocaron as tallas góticas do orixinal, con representación da vida de Cristo en madeira dourada e policromada. No ano 1981 foron roubadas tódalas súas tallas, aínda que posteriormente fóronse recuperando.
En canto ó exterior de Santa María, destacan as súas tres portadas, nas que se observa a tradición románica galega que fai parecer arcaica a labra dos canteiros do século XV. Na principal encóntrase o tema da Epifanía, e sobre fornelos preséntase as imaxes da Anunciación. A portada norte reproduce o tema do xuízo final, no que San Miguel pesa unha balanza a alma dun xusto en actitude orante, mentres un morto recibe dun monstro un chorro de líquido fervente. Por último, no tímpano da portada meridional reflíctense tres cruces entrelazadas, mentres que nunha cuarta portada, a de occidente, destacan un gran rosetón e un sinxelo campanario engadido nun lateral. A porta de entrada, con decoración de arquivoltas e columnas acodilladas nas xambas, está flanqueada por dúas fornelas, con esculturas pétreas, mentres que no tímpano aparece a Anunciación e a Adoración dos Magos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo,
Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”, Vol.VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
ENLACES WEB:
http://cultura.xunta.es/imxd/programa/doc/1350635148121004BICGALICIA.pdf
(p. 2)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2819191271Lonxitude: -8.2111376524
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Mai 10, 2013
Coma información complementaria, engado o enlace ao inventario das
Normas Complementarias e Subsidiarias provinciais dado que o catálogo
das N.S.P. de 1996 vixentes non contén listado de bens:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/CORPA002.pdf
Oscar Franco says:
Mar 6, 2017
A prensa escrita do 5 de marzo de 2017 recolle a denuncia de pintadas neste ben:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/betanzos/2017/03/05/denuncian-pintadas-iglesia-santa-maria-betanzos/0003_201703H5C10991.htm