Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Adro de Santa María do Azogue
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular. O varal é estriado nun pouco máis da súa metade pasando a boceis no resto. O capitel toscano ten astrágalo circular e liso, ábaco de lados rectos e volutas. A súa cruz é rectangular con pedestal. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza ergueita cun pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun elevado grao de erosión e un estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”, Vol. I; Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.282055810282095
Lonxitude: -8.21127712726593
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84