Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Praza do Cristo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico achafranado. O varal é cadrado e achafranado. O capitel é cuadrangular con escocia e catro vieiras, unha en cada esquina. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas “INRI”. O pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito e sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación debido a que ten movida a súa plataforma polo paso dos coches e camións ó seu carón.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.28303992011247
Lonxitude: -8.21063607931137
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84