Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bóveda
Parroquia: Rubián (Santiago)
Lugar: Rubián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Situado sobre un outeiro. Presenta un recinto circular duns 60 metros de diámetro. Aos pés do recinto esténdese unha pequena superficie aterrazada a modo de antecastro duns 20 metros de lonxitude. Cara o norte un posible foxo dun cinco metros de ancho que transcorre paralelo ao recinto. Cara o leste obsérvase unha superficie aterrazada posiblemente vencellada ao castro, defendida por un cavorco. O interior está adicado a prado que se roturou e afectou ás estruturas. Un camiño, hoxe en día cuberto por mesta matogueira, circunda case todo o perímetro da croa, aproveitando en ocasións o treito do foxo. Algúns accesos que presentan foron causados por maquinaria adicada ás tarefas agrícolas. Unha pequena canteira localízase na periferia norte do xacemento.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (Xunta de Galicia): “Guía de recursos arqueolóxicos de Terra de Lemos”.

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio15AAE_2_es.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6560619573514
Lonxitude: -7.472677230834961
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84