Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Betanzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa de Santiago está situada no casco antigo de Betanzos, ocupando o lugar máis elevado da vila e adxacente ó Pazo de Bendaña, co que estivo comunicada. Segundo diversos documentos, a igrexa foi fundada no século XI, aínda que séculos máis tarde (XIV) levouse a cabo unha reconstrucción e reedificación da mesma.
A súa estructura arquitectónica componse dunha planta basilical de tres naves, a central máis ancha, e tres ábsidas; a central é heptagonal, pentagonal a da epístola e rectangular a dos evanxeos. Os piares das naves son de sección cadrada con semicolumnas nas frontes, e outras máis pequenas nos ángulos. As bases posúen unha decoración de colgantes, mentres que nos capiteis represéntanse temas vexetais e animais. A capela maior cóbrese cunha bóveda de abano de nervios de perfil rectangular, e posúe tres xanelas apuntadas e riscadas, con parteluz a central. Ten tamén esta capela dous rosetóns calados, aínda que o da dereita móstrase cego debido a que sobre a capela do evanxeo elévase a torre municipal (obra do século XVI). As outras dúas capelas absidiais cóbrense con bóvedas de crucería, de grosos nervios. No costado meridional da nave engadíronselle catro tradicionais capelas funerarias. A primeira, de carácter monumental, foi levantada polo arcediago D. Pedro de Ben, e presenta unha traza gótica flamíxera e un retablo renacentista de Cornellius de Holanda (1525), todo isto do século XVI. A segunda capela, máis modesta, é de estilo gótico e correspóndese co século XV, mentres que a terceira, cuberta cunha bóveda nervada, é do século XVII e está adicada a San Antón Abade, o patrón do gremio dos labradores. Por último, a cuarta capela, do século XVI, sufriu fortes alteracións co fin de transformala nun simulacro de gruta mariana.
A fachada principal do templo é obra de Manuel Hernández e Álvarez Reyero, feita entre os anos 1899 e 1901, debido o mal estado en que se encontraba a anterior, da que tan só se conserva a portada gótica adicada a Santiago. Dita portada posúe unha ornamentación de arquivoltas, columnas acodilladas nas xambas e tímpano decorado cunha imaxe de Santiago. Sobre a porta sitúase un rosetón, que dá paso a unha cornixa decorada cunha serie de arquiños cegos. Completan o conxunto dúas torres laterais de sección cadrada. O resultado de todo isto é unha discreta fachada neomedieval, con distante recordo lombardo.
En conxunto, o edificio posúe unha irregular construción, quizais por problemas de asentos nos seus piares, ou ben por empuxes estructurais mal resoltos, algo que non poucas veces atopamos no gótico galego, que por tradición románica elude a construcción dos necesarios arcobotantes.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior», Vol.VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.280759260331074Lonxitude: -8.21152925491333
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Últimos comentarios