Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Betanzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O acceso ao conxunto realízase a través dunha escalinata de pedra que cumpre a función de salvar o desnivel existente con respecto á praza. O edificio atravesou diferentes etapas constructivas. O inicio das obras, o 23 de febreiro de 1558, coincidiu coa chegada dos Dominicos a Betanzos, aínda que daquela primeira construcción a penas queda máis que a sinxela portada, de traza renacentista e obra de Gaspar de Arce. Medio século despois dá comezo a transformación da igrexa, podéndose datar unha primeira ampliación no ano 1602. A partir de entón, e no mesmo século, engádenselle as capelas barrocas da Soidade, das Ánimas e do Rosario, efectuándose unha apertura en profundidade no costado norte do templo.
A ábsida, de elegantes formas barrocas, foi engadida no ano 1696, seguindo os mandatos testamentarios de D. Francisco Pardo de Castro, de aí que aparezan as súas armas nos sepulcros laterais. A súa principal ornamentación concéntrase no retablo neoclásico sustentado por catro columnas corintias.
En canto a fachada principal do edificio, esta completouse na primeira década do século XVIII, polo Arcebispo Monroy, que lle engadiu a torre campanario barroca finalizada no ano 1714.
No ano 1975 efectuouse na igrexa unha restauración, e engadiuselle unha sancristía á capela da Soidade. Esta igrexa conta con interesantes retablos e sartegos, entre os que se inclúen os seus patróns, os Condes de Taboada
O convento conta cun interesante claustro, corazón dunhas intalacións que tiveron diversos usos ó longo do tempo, (foi cuartel da Garda Civil) e que hoxe dan acubillo ó Museo das Mariñas e o Arquivo Biblioteca da Cidade. Destacan nel o citado claustro con ventanais, os arcos das dependencias e a escalinata de acceso ás celas. Tras a desamortización de 1835 este convento pasa a propiedade municipal e os dominicos son expulsados da vila de Betanzos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior», Vol.VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.27895888460936
Lonxitude: -8.209914565086365
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84