Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Ames / Santiago (comarca)
Parroquia: Bugallido (San Pedro)
Lugar: Quistiláns
Outra denominación do ben: Ponte Cabrita
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ponte posiblemente medieval que cruzaba o Río Sar un pouco máis arriba do Castro de Quistiláns (Castro de Mirás).
O seu ancho non era maior que o dun carro e tiña a particularidade de que cruzaba o río sobre unha fervenza, ó facelo sobre dúas rochas de distinta altura o seu único arco é de cuarto de punto.
Foi destruído por unha riada no ano 1987, quedando só o arco.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contaban os vellos que estaba encantada, e que dela saia ó amencer unha galiña con pitos de ouro, e o que soubese desencantala levaría un gran tesouro.


Historia recente do ben:

O arco da ponte foi desentullado e a súa contorna limpada no ano 2017. Descubriuse tamén un anaco de calzada que sube pola marxe esquerda do río ata o camiño de servicio da autovía AG 56, que pasa moi cerca. Agora forma parte dun roteiro que habilitou o concello de Ames.


Referencias bibliográficas:

http://historiadeortono.blogspot.com.es/2009/06/ponte-cabrita.html
http://historiadeortono.blogspot.com.es/2010/04/as-pontes-antigas-sobre-o-sar.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Séguelle faltando o taboeiro da ponte e os muros de pedra que facían o camiño de paso sobre o río. Consérvase o arco de cuarto de punto que foi desentullado dos troncos de árbores que o atrancaban e amosa agora un bo estado das súas doelas.


Onde está localizado

Latitude: 42.8641379262
Lonxitude: -8.61281991005
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84