
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Soutomaior
Parroquia: Arcade (Santiago)
Lugar: Arcade - Rúa Leiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O cruceiro está nun cruce de camiños no interior de Arcade. Ten plataforma de dous chanzos de sección cadrada e un pedestal cúbico con arestas biseladas. Leva unha inscrición, lexible en moi poucas partes, que di o seguinte: “DSDAMº”.
O fuste é de sección octogonal, perdendo gordura conforme se sube. O capitel consta de dous aneis e unha base tipo dórica. A cruz, sen imaxes, apoiase nunha pequena plataforma cadrada.
Unha parte da súa plataforma atópase baixo os cimentos dunha casa pegada ao cruceiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.pxomsoutomaior.com/documentacion/TOMOIV_CATALOGO%20DE%20BENS%20A%20PROTEXER_Vol2.pdf (Ficha A-12 / Páxinas 40 a 42)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360530102.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2007). Cruces, cruceiros e petos do concello de Soutomaior (Historia dun Concello). Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
O cruceiro ten bastantes partes danadas por golpes, tanto na plataforma coma na base da cruz.
Onde está localizado
Latitude: 42.3386355422Lonxitude: -8.60468477011
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Tensk says:
Mai 13, 2013
Cruceiro un tanto escondido este, pois está a carón dunha casa metida nun dos camiños secundarios de Arcade, concello de Soutomaior. E isto era o que quería indicar, que é Soutomaior, non Salvaterra de Miño o concello no que se atopa.
Oscar Franco says:
Mai 13, 2013
Erro corrixido. Grazas. TENSK