Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Rúa de San Francisco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Esta fonte, xunto coa da Ponte Vella, comparte o abastecemento das augas que surten á fonte do Campo de Diana, canalizadas por tubaxes de barro, primeiramente, e de ferro despois. O abastecemento destas tres fontes ten a súa orixe nuns mananciais situados na montería de San Xiao das Viñas, a uns dous kilómetros o sur-leste da cidade.
Atópase ó pé do adro da igrexa de Santa María do Azogue e fronte a ábsida da igrexa do antigo convento de San Francisco, nun fermoso espazo do casco histórico da cidade.
A fonte actual é unha remodelación dunha anterior que debeu entrar en servizo arredor do ano 1880. Por referencias da prensa da época sábese que a fonte primitiva tiña un armazón de madeira con catro canos e debía de carecer de pilón ou telo moi baixo, xa que no proxecto da nova fonte especifícase que “además, debido al empleo de las sellas, la fuente debe ser de pilón alto”.
Despois de varias averías por causa da tubaxe e que xa deixara de mana-la auga porque a primeira era de barro do ano 1891 e despois de ferro, moi estropeada pola corrosión, decídese no primeiro cuarto de século XX, facer unha nova condución seguindo o mesmo itinerario que a vella.
A fonte de San Francisco é unha das fontes máis características da cidade poloas súas formas e remates. Ten unha estructura dunha forma triangular dividida en tres corpos decrecentes en anchura: O corpo inferior é rectangular cunhas medidas de 1,40 metros de ancho por 60 cm. de alto, o corpo intermedio está rematado con molduras de curvas duns 90 cm. de alto con sentido decrecente e no último corpo que remata nun semicírculo aberto nunha curva cara o exterior na súa base. Ten un cano, de metal, que se sitúa no medio do segundo corpo. A auga cae sobre un pilón rectangular de 1,50 metros de ancho por 50 cm de alto, de esquinas curvas, con dúas tiras de ferro para pousa-las sellas ou calqueira outro envase.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– TORRES REGUEIRO, X.; GARCIA GONZALEZ, A.: «As fontes no concello de Betanzos». A.C. Eira Vella, Betanzos, 2011.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.28207924165351Lonxitude: -8.211349546909332
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84