Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Betanzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situado no casco histórico da vila de Betanzos, o carón da igrexa de Santiago e da Torre do Reloxo, o Pazo de Bendaña, debeu o seu nome a unha afamada familia nobiliaria, unha das máis destacadas do país. Este pazo foi construído no século XV co fin de servir de vivenda reformándose no século XVIII e que hoxe serve de Axencia Tributaria.
Trátase dun pazo con soportal de arcos oxivais na parte frontal, que aínda conserva vigas de madeira no seu teito. Posúe planta irregular e consta de baixo e planta primeira. Os vans disponse de forma diferente nos tres alzados. A cuberta é a catro augas, de tella, e lixeiramente sobresaínte.
Enriba de cada unha das dúas portas da fachada principal, aparecen cadanseus escudos. Un deles, situado no que fora porta das cocheiras, posúe cuartetos e cruz de Santiago, polo que a súa colocación atribúese ó segundo Marqués de Bendaña, D. Juán Benito de Ulloa.
Na reforma do século XVIII, modificáronse as fachadas lateral e inferior e tapiáronse algunhas portas da principal. Dado o uso público que se lle dá na actualidade, o interior non garda correspondencia algunha coa distribución inicial.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior», Vol.VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.28070849124675Lonxitude: -8.211169838905334
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Mai 12, 2013
Engado, coma información complementaria, o enlace ao inventario das Normas
Complementarias e Subsidiarias provinciais que contén este ben:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/CORPA002.pdf
Oscar Franco says:
Mar 6, 2017
A prensa escrita do 5 de marzo de 2017 recolle a denuncia de pintadas neste ben:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/betanzos/2017/03/05/denuncian-pintadas-iglesia-santa-maria-betanzos/0003_201703H5C10991.htm