Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Betanzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A torre do reloxo está datada do século XVI (aínda que hai opinións que a sitúan entre o século XIII e XIV), e conta cunha planta poligonal brasonada coas armas da cidade.
De abaixo a arriba ollamo-la porta de entrada rectangular alintelada, que pra chegar a ela fai falla subir dous chanzos. Enriba da porta hai unha cornixa que divide a planta baixa do primeiro andar, e neste hai un van de luz rectangular e estreito. Divide o segundo andar do terceiro por outra cornixa. Neste andar máis alto cos demais sitúase no medio o reloxo flanqueado por dúas pedras armeiras, enseñas da cidade.
Por último, outra cornixa e chegamos o último corpo onde se sitúan as campás visibeis penduradas por un armazón de ferro e coroado por unha cruz tamén de ferro forxado.
Como se pode apreciar, atópase pegada á Igrexa de Santiago aínda que non forma parte da igrexa -pode ser anterior- nin pertence ó patrimonio da igrexa. A súa titularidade é municipal e unha das súas máis lembradas reparacións tivo lugar despois do afamado terremoto do ano 1755 que devastou Lisboa e toda a costa galego-portuguesa.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Información da sinaléptica do lugar do concello de Betanzos.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.28079440813386Lonxitude: -8.211274445056915
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Mai 12, 2013
Coma información complementaria, engado o enlace ao inventario das
Normas Complementarias e Subsidiarias provinciais que contén este ben:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/CORPA002.pdf