Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións políticas (concellos...),
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Betanzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Este edificio neoclásico, foi construído durante o último terzo do século XVIII (1778), co mesmo fin co que se utiliza na actualidade, o servir como lugar de actividades administrativas e casa consistorial. Situado no centro, trátase dunha construción de cantería con soto, planta baixa e dúas alturas. Na planta baixa, o aparello é almofado e no centro aparece un gran portalón con clave flanqueado por dúas fiestras protexidas con reixas.
Os vans da primeira planta atópanse comunicados por un balcón común con balaustrada de forxa e enriba deles, unhas cornixas, que sosteñen os panos nos que campean as armas reais de España, Galiza e a vila.
Catro capiteis xónicos con volutas das que colgan grilandas de loureiro abrazando rosas en ferro forxado, rematan as pilastras que dividen os paneis dende o primeiro andar e proporcionan un elemento decorativo á fachada.
No primeiro andar sitúase a Sala Capitular, que, despois dunha restauración, viu reducidas as súas dimensións. É sabido tamén que o edificio ocupa o mesmo solar que o construído no século XV, e que con anterioridade á súa existencia, os cabildos reuníanse diante da porta principal da igrexa de San Francisco.
Durante a 1ª República, as coroas dos escudos foron pintadas de branco e, anos máis tarde, restaurados polo pintor Blas Ramos.
Coñécese o nome do autor do proxecto, Ventura Rodríguez, así como o do mestre de obras, García de Quiñones.
Conta no seu interior con vestixios do século XVI concretamente con dous bustos e tres escudos policromados correspondentes á cidade, o reino de Galiza e o escudo de armas imperial de Carlos I de España e V de Alemaña.
Os seus balcóns foron, o longo dos séculos, testemuñas privilexiadas dos episodios máis relevantes da historia do país.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior», Vol.VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.28102872630022Lonxitude: -8.211395144462585
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Mai 12, 2013
O inventario das Normas Complementarias e Subsidiarias provinciais
contén este ben; engado o enlace:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/CORPA002.pdf
one2 says:
Xan 22, 2017
Alguén sabe se os escudos da fachada son de cando se fixo o edificio ou son anteriores?
one2 says:
Feb 13, 2017
Pois segundo isto http://www.alfredoerias.com/autor/9-ruas2.htm seica de 1823.