Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Esgos
Parroquia: Vilar de Ordelles (Santa María)
Lugar: O Rego
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Curiosa peneda situada na zona coñecida como A Cruz do Rego próxima a un depósito de auga.
Ten unhas dimensións aproximadas de 4m de largo por 90cm de ancho, tendo unha altura próxima a 2m.
O petróglifo podémolo ver na zona máis alta do penedo, en tres zonas diferenciadas.
Na zona central ten varias cazoletas na parte alta, onde tamén podemos ver o que puido ser o encaixe dunha cruz ou cruceiro posiblemente de madeira, que estaría para cristianizar o lugar. Aínda que na memoria do lugar existe a lenda de que o cruceiro estaba posto para recordar unha morte violenta de un home.
Nos dous laterais, ademais de varias cazoletas de tamaño medio, 5cm aproximadamente, tamén ten uns sucos moi marcados e alongados, que en algún caso poderían se representacións serpentiformes.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.30729818344116
Lonxitude: -7.7283132076263
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84