Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Esgos
Parroquia: Vilar de Ordelles (Santa María)
Lugar: O Xastre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Seguindo a pista que sube cara o monte dende Laioso e a altura do Penedo da Xastra, vemos na veira do camiño este petróglifo formado por unhas dez cazoletas espalladas pola superficie dunha peneda de 2x2m.
As cazoletas son dun tamaño de 5-6cm de diámetro, aínda que algunha sexa de menores dimensións.
Aparentemente están espalladas sen ningún orden, aínda que se nos fixamos nas máis separadas dunha zona, estas forman un cadrado, quedando as outras no interior.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.30490028858185
Lonxitude: -7.7247029542922
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84