Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Betanzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Colexio de Orfas foi fundado por Dª Úrsula Menéndez de Texeda e de Dª Xohana Díaz de Lemos no ano 1629, co fin de recoller ata doce orfas e pobres. Pero no ano 1720, son expulsadas do Convento das Agustinas, lugar onde se albergaban, feito que provocou a construcción deste edificio no ano 1780.
É unha construcción de dous andares, da que se conservan os muros laterais e a fachada de estilo neoclásico, na que cabe salientar un balcón de ferro forxado sostido por catro canzorros de pedra e as gárgolas de desugadoiro. Aparece coroada polo brasón da cidade, flanqueado por dous pináculos.
Pois como xa dixemos, o Colexio das Orfas ten o seu precedente no Antigo Hospital da Anunciata (actual Convento das Agustinas Recoletas) e o que facían era recoller as nenas, educábanas e preparábanas para casar, proporcionándolles, mesmo o correspondente dote matrimonianal.
Máis adiante pasaría ser escola pública e, de 1947 a 1989, Biblioteca Municipal, antes de destinarse a outros servizos públicos.
Constitúe un dato curioso a presenza dunha reproducción desta obra no Pueblo Español de Barcelona.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior», Vol.VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.279792687797595Lonxitude: -8.210866749286652
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84