Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Baralla
Parroquia: Lebruxo (San Tomé)
Lugar: Lebruxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 604 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Presenta unha planta de forma ovoidal cunhas medidas aproximadas de 220 metros no eixo máis longo e de 175 no menor. Arrodeado en gran parte do seu perímetro por unha muralla de terra e pedras e un pronunciado terraplén, agás polo norte, a parte menos vulnerable, que está protexido polo forte desnivel do terreo. Acaroado polo oeste obsérvase un posible antecastro. Polo sur, por onde discorre un camiño, debía de estar a entrada principal. Polo interior, as murallas teñen unha altura que vai de un a dous metros. Tanto o recinto principal como o antecastro están adicados a labores agrícolas. A simple vista non se aprecian restos de estruturas habitacionais. Boa comunicación visual cos castros próximos de O Castro e da Igrexa situados na mesma parroquia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio15AAE_1_es.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.882193950482836
Lonxitude: -7.312517166137695
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84