
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: As Nogais
Parroquia: Quintá (San Pedro)
Lugar: O Chao do Souto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Localizado nun outeiro de pedra caliza e lousa, xusto por riba da aldea do Chao do Couso. De forma tirando a ovoidal, ten unhas medidas aproximadas de 100 metros no eixo máis longo e 75 metros no menor. Consta de dous recintos; o superior, que se ergue no centro do castro, é de pequenas dimensións, protexido polo forte desnivel do terreo e unha muralla de terra e pedras. O recinto inferior arrodea case toda a croa. Polo SL está protexido por un potente foxo que vai dende os dous aos seis metros de altura, e una anchura duns dous metros; este foxo foi reaproveitado para abrir un camiño. O resto deste segundo recinto está defendido polo desnivel do terreo e un parapeito, moi achandado, de terra e pedras. Inzado pola matogueira e plantado de árbores, atópase moi alterado pola actividade humana, noutrora adicado a terra de cultivo. En varios lugares obsérvanse varias actuacións furtivas.
Amor Meilán, na súa “Geografía General del Reino de Galicia”, di que se atoparon pequenas barras de ouro, algunha vendida na capital.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-das-nogais_21.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7938268898264Lonxitude: -7.1302878856658936
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84