Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Rúa Cabildos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Coñecidas tamén como “Escolas de San Francisco”, por estar no soar do desaparecido claustro do seu convento, foron proxectadas no ano 1917 polo arquitecto Rafael González Villar. Trátase dun edificio financiado polos irmáns García Naveira, máis concretamente por un deles, Jesús.
A situación do soar, un pouco máis elevado con respecto á rúa, condiciona enormemente ó arquitecto, quen proxecta o edificio sobre un baseamento, para elevalo, de forma que non se perda o punto visual da fachada. O elemento que máis chama a atención é a fachada principal, na que se traduce a planta en U do edificio, coa clásica división entre dependencias destinadas ás nenas e ós nenos. A cada unha delas chégase por portas diferentes, perfectamente destacadas por arcos profusamente decorados con molduras e flanqueadas por piares, e ás que se accede por medio de escalinatas. Existe, tamén, un corpo central, comunitario, unido a eses dous corpos laterais, máis sobresaíntes en lonxitude e altura, o que permite organizar o espazo interior de acordo coa función do edificio e aproveitar mellor a luz natural.
O muro existente entre as dúas entradas aparece furado por grandes xanelas unidas por medio de arcos entrelazados, tamén moi decorados. Os laterais do edificio son moito máis sinxelos, cunha disposición simétrica das xanelas. Os remates en forma de pináculos, proporcionan unha maior espectacularidade á fachada principal. A alternancia de cores no exterior engade unha nota de orixinalidade ó conxunto. A conxunción do elementos formais retomados do pasado (da arte hispano-musulmá ou da barroca), e dos distintos materiais (azulexos, ladrillo, cemento), aumenta o aspecto decorativo e escenográfico da fachada.
Na actualidade manteñen a súa función e o seu estado de conservación é óptimo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior», Vol.VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf (P. 8 )


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.28266111781618
Lonxitude: -8.211244940757751
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84