Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Betanzos - Praza de Galicia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Despois de numerosos intentos, por Real Orde de 1763, ratificada por outra do 1764, determínase a construción do Arquivo do Reino de Galicia en Betanzos, no antigo Campo da Feira, naquel tempo, extramuros da poboación. Edificado en 1764 sobre un proxecto de Feliciano Míguez, o “Edificio Arquivo Reino de Galicia” recibe este nome en tanto foi custeado polas sete provincias do Reino de Galicia (entre as que se contou Betanzos ata 1834) co obxecto de ser sede do Arquivo da Real Audiencia.

É un edificio neoclásico, de planta rectangular e dúas alturas. A fachada principal é de cantería, a diferencia das restantes, que son de cachotería, con cornixas, zócolos, marcos, esquinas e impostas de gran. Os desaugadoiros do tellado rematan en fermosas gárgolas. Baixo o primeiro piso existían sete bóvedas comunicadas por arcos rebaixados, que foron destruídas nun derrubamento no ano 1948.
O acceso á primeira planta faise por medio dunha escalinata dobre con relanzo ou patín, que dá á porta principal, sobre a que se abre unha bufarda oval, que rompe a regularidade cos restantes vans, encadrados. Sobre ela, aparecen as armas de Galicia, sen coroa dende a Primeira República, reposta polo artista Blas Ramos.

O máis curioso deste edificio, é que nunca chegou a ser utilizado para os fins para os que se proxectou. Foi cuartel, escola, alhóndiga, teatro da cidade, sede de sociedades coma o Liceo Recreativo de Artesáns, de aí o outro nome que se coñece e que lle deu uso dende mediados do século XIX, e incluso bar e sala de festas. Hoxe en día é sede municipal e un edificio de servizos múltiples.

Agás a súa fachada, estaba cinguido por terrazas ou paseos, dos cales aínda se conserva unha parte, popularmente coñecida como “Alameda”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior», Vol.VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf (P. 8)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.278869059696525
Lonxitude: -8.21078896522522
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84