Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Betanzos - Praza dos Irmáns García Naveira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Fundida no ano 1866 pola empresa parisiense “Ducet et fils” imitando á chamada “Diana de Versalles” do Lovre, a Fonte de Diana foi inaugurada con solemnidade o martes 19 de novembro de 1867. O día da inauguración tiña que ser o domingo 17, nun acto no que se tomaron, segundo os informantes, as primeiras fotografías dun acontecemento público en Betanzos. A traída de augas foi proxectada polo enxeñeiro Pedro Villar, servíndose duns mananciais situados na montería de San Xiao, aproximadamente a uns dous quilómetros da Praza do Campo, na zona de Armeá (Coirós). Desta mesma condución benefícianse tamén as fontes de San Francisco e a da Ponte Vella.

Trátase dunha fonte monumental que consta dun gran pilón cruciforme de brazos redondeados, no medio do que se ergueu un piar que sostén o monumento de bronce fundido representado a Diana Cazadora. Catro canos saen da boca doutras tantas cabezas de león. Dúas sereas sosteñen a peana de guirlandas por riba da que se asenta a estatua de Diana que sostén coa man esquerda un cervo polos cornos, mentres coa dereita colle unha frecha da alxaba. Nun dos laterais da parte escultórica figura a inscrición “BETANZOS / 1866”. Ó pé dun dos canos figura unha marca de fábrica, bastante borrosa, que debe dicir: “F.J. (?) DUCEL & FILS / (ilexíbel) PARIS”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
TORRES REGUEIRO, X.; GARCIA GONZALEZ, A.: «As fontes no concello de Betanzos». A.C. Eira Vella, Betanzos, 2011.

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.279878605977906
Lonxitude: -8.21052610874176
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84